Friday 10 de May de 2024

O Concello pide a cancelación do bus nocturno das festas de Perillo se non dá servizo á mocidade de Oleiros


O Concello solicitou á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria do servizo de transporte público que o autobús nocturno para as festas de Perillo conecte todas as parroquias do municipio. O Concello reclama que se modifique o itinerario previsto e se establezan dúas rutas; unha pasando por Santa Cruz, Dorneda, Serantes, Maianca, Dexo e Lorbé, polo itinerario regular da estrada da costa; e outra desde Perillo pasando por Montrove, Oleiros, Iñás e Nós.

De non ser atendida esta petición, o Concello reclama a supresión do bus nocturno por deixar desatendida a mocidade de Oleiros, público principal ao que está dirixida a festa de Perillo. Ademais, a existencia dun bus nocturno con destino exclusivo á cidade pode servir de efecto chamada e arrastrar individuos alborotadores.